domingo, 19 de abril de 2020

nº 11 Sumas levando. Dúas mans. Primeiro.

Despois dunha semana de bo traballo facendo as sumas levando cunha man imos comezar a facelas xa coas dúas. É só um pouquiño máis difícil, mais sei que en pouco tempo van estar chupadas. Adiante.


domingo, 12 de abril de 2020

10. Sumas levando. Unha man. Primeiro.

Con estes vídeos aprendemos a sumar levando. Primeiro cunha man e para a semana faremos con dúas. Vai ser fácil, xa veredes. 

Ollo ao son. Non é moi bo e pode estar moi alto. Iremos mellorando a técnica!

















sexta-feira, 20 de março de 2020

08. Amor Rianxeiro. Cuarto.


Nesta peza lembrade que Sara fai a entrada e o resto continuamos a partir do compaso número 5, despois da dobre barra. O dúo faino a zanfona, así que todas tocamos o mesmo. Damos varias voltas a toda a peza e facemos os compasos do final como tíñamos mirado en clase. Lume!

Ollo: Calquera dúbida deixade un comentario.

07. Enguedellos do amor. Sexto.


Dos Enguedellos do amor, só víramos a primeira parte, mais a segunda é moi doada. A voz de arriba, no segundo pentagrama, facíano Tahira, Sara, Lara e Xiana. Déixovos o vídeo para facilitarvos a cousa, pero coa partitura debía chegar. Calquera dúbida deixádeme un comentario. Lembrade que na armadura temos un Si b.





06. Rianxo, Rianxo.


Esta é a canción de 6º. Tahira, Sara, Xiana e Lara xa teñen as partituras. Repasamos a letra escrita por Xosé María Brea Segade.

Co seu chan de caraveis,
cos seus altos piñeirais, 
nos que xílgaros e melros
teñen o niño agachado;
cas súas hortas frolidas,
cos seus albres enramados,
cos seus alciprestes longos
e o melancólico osario
onde as nais choran aos fillos
que ao nunca visto marcharon;
onde nacen a cotío
herbinas, nas herbas cantos
e nos cantares suspiros,
suspiros para Rianxo...! 

E das ridentes pradeiras
e dos vales agachados,
e das musas dos teus fillos
os salaios van voando
por entre os loureiros longos,
por entre os verdes cercados,
por entre os pinos de Isorna,
por entre as rosas de Asados,
por entre os regos de Leiro
e as carballeiras do Araño.

Pradeiras, verdes pradeiras
de Taragoña e Rianxo...!
Que doces son os teus aires,
que meigos os teus cantares!

Xosé Ramón Brea Segade
Taragoña, xuño de 1920



05. Proposta de escoita.

Elina Garanca é unha mezzo-soprano nacida en Letonia. O arranxo de Lela que ides escoitar foi feito polo músico galego Juan Durán. É unha das versións máis fermosas que teño escoitado. A ver que vos parece.



Para saber algo máis sobre Lela premer aquí.

quinta-feira, 19 de março de 2020

04. O peixiño do mar. Primeiro.


Con primeiro aínda non comezáramos a preparar a peza do festival, pero a do Peixiño do mar xa medio a sabían. Así que non hai excusa.




03. Maios de Rianxo. Todos os cursos.

Esta peza foi recollida a Ramón Rodríguez Alcalde (70 anos) nos anos 50 do século vinte. É unha auténtica xoia pois é a única melodía que coñecemos dos maios rianxeiros.
Por certo, se na familia sabedes algunha peza tradicional do concello de Rianxo, enviádenola e aprendémola todos. Se na casa vivides con alguén de máis de 80 anos, seguro que lembra algún canto de cando era neno ou nena, dos seráns, das prosas, etc. Gravade un arquivo de son ou vídeo e enviade a

dporjais@gmail.com

ou

biblio.brea.segade@gmail.com 


terça-feira, 17 de março de 2020

02. Canción 3º e 5º

Cantan os nenos/as de 3º e tocan flauta os de 5º.




01. Comezamos na rede.

Caros alumnos/as e familias. Como temos que ensaiar desde a casa vouvos deixar neste blogue as partituras e os vídeos para que poidamos ir preparando o festival das Letras Galegas. Eu teño a certeza de que para maio estamos todos no cole, así que a estudar e a cantar con ganas. Un abrazo forte para todos/as.